Tuesday 16 de April de 2024

O documental sobre a poeta Luz Fandiño proxéctase o venres na Fábrica


A proxección de A poeta analfabeta está programada para as 20:30 horas o venres día 20 de maio, no auditorio da Fábrica. A entrada é gratuíta con invitación, que se entregará desde unha hora antes no propio auditorio.

A poeta analfabeta, dirixida por Sonia Méndez, é un filme documental que retrata a Luz Fandiño de 88 anos. Fandiño é unha muller poeta, activista, feminista, nacionalista, revolucionaria e testemuña viva das realidades mais duras do século XX.